Monday 29 de April de 2024

Unha vintena de escolares do CPR Santiago Apóstol participaron hoxe na actividade “Coñecemento do Concello”


Unha vintena de escolares de sexto curso de Primaria do CPR Santiago Apóstol visitaron esta mañá o Concello, donde se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. A través da iniciativa “Coñecemento do Concello”, do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, os escolares, acompañados de persoal docente, visitaron a planta baixa do Concello, o Arquivo e o salón de plenos. Nesta ocasión a actividade contou coa colaboración do equipo de Educación Viaria de Narón, xa que os menores se desprazaron dende o centro en bicicleta.

En que consiste o seu traballo, como saíu elixida alcaldesa, quen pode ser alcalde ou alcaldesa, quenes ocuparon antes o cargo, en que ano se construíu o actual edificio do Concello, se ten axudantes… foron algunhas das cuestións sobre as que se interesaron os escolares, moi participativos durante a súa estancia no Consistorio. Ferreiro interesouse ante as rapazas e rapaces por coñecer a súa actual visión da cidade e tamén por cuestións que o colectivo consideraba de interese de cara ao futuro.

Os menores visionaron tamén un vídeo sobre a cidade, no que se explica o territorio de Narón, a poboación, a organización municipal e o funcionamento básico da administración local, entre outras cuestións adaptadas á súa idade. Antes de abandonar o salón de plenos e coller de novo as súas bicis para regresar ao centro os escolares sacaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa, que lles entregou uns agasallos institucionais.